Ángel García Costoya
Son Graduado en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto pola Universidade da Coruña. Conto cun gran interese no ámbito científico e desenvolvemento tecnolóxico, o que fixo que posteriormente me especializase en Operacións e Enxeñería de Sistemas Aéreos non Tripulados.

Son unha persoa metódica, curiosa e moi interesada no meu traballo. Por iso gústame adicarlle tempo a proxectos que me permitan aprender habilidades para mellorar persoal e profesionalmente. Ademais, a miña formación deume a capacidade de aportar os meus coñecementos tanto en proxectos de elevado compoñente tecnolóxico como noutros máis enfocados ao deseño e a facilitar a vida cotiá das persoas.

Debido á miña curiosidade, sempre estou ao día no meu campo de traballo, informándome das novidades e realizando proxectos a nivel persoal, o que mellora as miñas capacidades de concentración, atención ao detalle e capacidade de adaptación ao cambio.

Á busca de novos desafíos!
Tamén estou en ogatofarto.com